Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas
Renfe e Adif desconvocan a folga de hoxe

CCOO desconvoca a folga en Renfe e Adif

  • O asinamento dun preacordo de convenio colectivo do Grupo Renfe permite que CCOO desconvoque as xornadas de folga previstas para os días 21 de decembro de 2018 e 7 de xaneiro de 2019.
21.12.2018.

No caso de Adif, o compromiso da empresa de presentar en 48 horas un documento, que podería ser borrador do II Convenio Colectivo, recollendo moitas das reivindicacións do sindicato, fai que CCOO desconvoque o paro do día 21 de decembro e supedite a desconvocatoria da folga do 7 de xaneiro ao estudo do dito documento. O Sector Ferroviario de CCOO, tras reunir os seus órganos de dirección, decidiu desconvocar as xornadas de folga previstas en Renfe os próximos días 21 de decembro de 2018 e 7 de xaneiro de 2019 e, no caso de Adif, desconvócase só a primeira delas, quedando pendente a decisión sobre a folga do 7 de xaneiro.

Vista da curva da Grandeira desde a AP-9 | Foto: Google Street View

CCOO amosa a súa solidariedade coas vítimas do Alvia e reitera que cómpre investigar «atas as últimas consecuencias»

  • A raíz desta traxedia, houbo melloras na seguridade de liñas de toda España, tamén en Angrois
  • CCOO esixe que o ERTMS funcione «decontado» na curva da Grandeira, pois xa foi adxudicado no 2015
23.07.2018.

Ante o quinto aniversario do accidente ferroviario de Angrois, en Santiago de Compostela, o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia amosa a súa solidariedade coas vítimas desta traxedia. A organización sindical tamén reitera a necesidade de que se investigue «ata as últimas consecuencias», tanto no eido xudicial como no político. Neste sentido, coida «inaceptable» que tiveran que pasar cinco anos para que o Congreso dos Deputados abrira unha comisión de investigación. «Os constantes atrancos foron unha falta de respecto ás vítimas e ás súas familias», reprocha CCOO.

renfe

CCOO convoca folga en Adif e Grupo Renfe para o 29 de setembro

  • O sindicato denuncia que ambas as empresas teñen cadros de persoal envellecidos e tan reducidos que «rozan niveis insostibles, polo que se resente o servizo e a propia seguridade dos trens».
06.09.2017.

O Sector Ferroviario de CCOO decidiu convocar folga en Adif e o Grupo Renfe desde as 0:00 horas ata as 23:00 horas do próximo 29 de setembro, como medida de presión pola falta de información sobre temas esenciais na viabilidade e futuro de ambas as empresas

 Folga en Ferrovial- Servizos a Bordo

Convocada unha semana de folga en Ferrovial Servizos a Bordo nos trens de Renfe

  • CCOO convoca folga ininterrompida durante unha semana en Ferrovial Servizos a Bordo dos trens do Grupo Renfe, dada a intransixencia e a falta de actitude negociadora da empresa, tras máis dun ano negociando o convenio colectivo.
23.02.2017.

Os paros comezarán o día 26 de febreiro ás 01:00 horas e continuarán, de xeito ininterrompido, ata as 01:00 horas do día 5 de marzo de 2017; afectará a arredor de 1.900 traballadoras e traballadores que prestan o servizo de Restauración a Bordo dos trens de Renfe e os que se encargan da loxística nas súas diferentes bases.

CCOO critica a supresión do tren de mercadorías Xove-Ariz por falta de maquinistas

  • O sindicato denuncia que «continúa o proceso de desmantelamento» do transporte de mercadorías por ferrocarril
13.07.2016.

Folga en RENFE e ADIF

CCOO convoca folga de 24 horas en Renfe e Adif o 23 de marzo

14.03.2016.

O sindicato viuse forzado a este último extremo pola paralización dos compromisos asinados en decembro de 2015 entre empresas e sindicatos: contratación de máis de 900 persoas en Renfe e Adif e aplicación dos convenios colectivos

Renfe

CCOO non asina o plan de redución de persoal que RENFE pretende impulsar a través de 750 baixas voluntarias

  • A falla de concreción do número de contratos como taxa de reposición, entre outras cuestións, afastan a CCOO do acordo deste Plan.
09.11.2015.

Na última reunión, Renfe puxo en marcha un Plan de desvinculación de persoal que afectará a uns 750 traballadores/as en todo o estado e uns corenta en Galicia. As condicións, que aínda poderían renegociarse, afastan a CCOO deste acordo, que a empresa propón incluír no convenio colectivo.

Concentracións en RENFE e ADIF

Concentración de traballadores ferroviarios este venres, 2 de outubro, ás 20.00 h na Estación da Coruña

  • Mantéñense os paros acordados polos comités xerais de empresa de Adif e Grupo Renfe
  • Días 2, 9, 16 e 23 de outubro: de 00.00 a 02.00 h / de 13.00 a 15.00 h / de 20.00 a 22.00 h
02.10.2015.

Estas accións son consecuencia da actual parálise das empresas fronte aos serios problemas que afectan aos cadros de persoal.

Convocada folfa en Renfe e Adif o 21 de decembro e 7 de xaneiro

CCOO convoca folga en Renfe e Adif para o 21 de decembro e o 7 de xaneiro

  • Estes paros virán precedidos por unha folga do colectivo de intervención en ruta de Renfe, convocada para o 14 de decembro, por falta de persoal nos trens.
  • O principal motivo da convocatoria de folga é a continua diminución dos cadros de persoal de ambas as empresas, polo que CCOO esixe un plan plurianual de recursos humanos que permita a renovación, o rexuvenecemento e o reequilibrio de xénero nos postos de traballo de ambas as empresas públicas, onde as mulleres apenas representan un 13 % do persoal.
11.12.2018.

CCOO considera que o novo Goberno e as novas direccións de Adif e o Grupo Renfe tiveron tempo abondo para que as directrices sobre os problemas laborais en ambas as empresas e as políticas do Ministerio de Fomento referentes ao modelo de ferrocarril desen un xiro de cento oitenta graos con respecto á situación anterior á moción de censura, que deu como resultado o cambio de Goberno do país.

CCOO alerta das perdas económicas e dos recortes de servizos que ocasiona a falta de interventores

CCOO convocará folga en Renfe se non cobre as prazas de interventor en Galicia

  • O sindicato denuncia que a galega está discriminada respecto doutras comunidades autónomas, xa que só se cobren tres das vinte e cinco vacantes
16.01.2018.

O sector ferroviario de CCOO de Galicia advirte da convocatoria de folgas en Renfe se a compañía non convoca máis prazas de interventor. O sindicato denuncia que, a día de hoxe, só están cubertas tres das vinte e cinco prazas necesarias para atender todos os servizos ferroviarios na comunidade. CCOO presentou a solicitude de reunión da comisión de conflitos laborais —ao abeiro do convenio— como intento de solución previa ante o anuncio dun conflito. Terá lugar en Madrid mañá mércores e, de non se chegar a un acordo para a cobertura das prazas en Galicia, «o conflito está asegurado».

adif

844 traballadores de Adif pasarán a formar parte do cadro de persoal do Grupo Renfe

  • O próximo 1 de xuño levarase a cabo o transvasamento efectivo do Canal de Venda desde a empresa Adif á sociedade Renfe Viajeros S. A., dando por fin solución a un problema que CCOO vén demandando desde 2005 tras a segregación da empresa pública Renfe en dúas entidades públicas empresariais: Adif e Renfe Operadora.
  • CCOO demanda que se volvan a integrar a operación e a infraestrutura nun hólding público formado polo Grupo Renfe, Adif e Adif AV.
25.05.2017.

Hoxe, nunha reunión conxunta dos comités de empresa de Adif e o Grupo Renfe, deuse a conformidade á subrogación de 844 traballadores e traballadoras que deixarán de formar parte do cadro de persoal de Adif e se integrarán en Renfe Viajeros S. A. a partir do 1 de xuño de 2017.

Accidente ferroviario en Porriño

CCOO mostra a súa consternación polo accidente ferroviario do Porriño e traslada as súas condolencias ás familias das vítimas

  • O sindicato agarda que se poida determinar «o máis axiña posible» cales foron as causas
09.09.2016.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) amosa a súa consternación polo accidente ferroviario ocorrido esta mañá no Porriño, cando descarrilou o tren que enlaza Vigo co Porto. A organización sindical tamén traslada as súas condolencias ás familias das vítimas mortais e a súa solidariedade ás persoas que resultaron feridas.

Desconvocada a folga en RENFE e ADIF

CCOO desconvoca a folga de ADIF e RENFE

  • O Ministerio comprometeuse a aprobar o día 1 de abril os convenios de ADIF e RENFE
22.03.2016.

Así o manifestaron esta tarde as direccións das empresas ferroviarias. O día 1 de abril reunirase a Comisión Interministerial e aprobará o desbloqueo dos convenios colectivos e a contratación de novo persoal.

Ferrolterra

CCOO denuncia o abandono do ferrocarril na comarca de Ferrolterra

  • CCOO denuncia o abandono e o desinterese polo ferrocarril en Ferrol por parte do Ministerio de Fomento e da Xunta de Galicia
11.02.2016.

O sector ferroviario de CCOO denuncia o «abandono» e o «desinterese» polo ferrocarril na comarca de Ferrol, situación da que culpan o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia. A situación do ferrocarril na comarca é «alarmante», tanto na rede de ancho métrico (antiga Feve) como no caso da liña Ferrol-A Coruña.

Renfe e Adif

Desconvocados os paros en Renfe e Adif

09.10.2015.

Os comités de empresa de Adif e do Grupo Renfe decidiron desconvocar os paros parciais do 9 de outubro, ante os problemas de tráfico ferroviario que se están a producir en Cataluña e en vista da ponte pola festividade do vindeiro luns, 12 de outubro.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS