Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas
Barcos de pesca | Foto: pixabay

Comisións Obreiras, «de loito» polas catro mortes producidas en dous afundimentos

20.12.2018.

Comisións Obreiras, «de loito» polas catro mortes producidas en dous afundimentos. Ambos os sinistros aconteceron nas últimas horas. Primeiro foi o cerqueiro 'Sin Querer Dos' e a pasada madrugada o pesqueiro 'Silvosa'. O sindicato trasmite aos feridos e ás familias das vítimas a súa solidariedade e afecto, ao tempo que pide unha investigación «áxil e rigorosa» que permita determinar as causas e evitar que se produzan novas traxedias.

SOS-ESTIBA

CCOO esfórzase en manter o diálogo e impedir o «decretazo» da estiba que o Goberno quere aprobar este venres

15.02.2017.

O sindicato mantivo reunións onte, 14 de febreiro, no Ministerio de Fomento e no Congreso, para tratar de achar unha solución negociada que evite a folga dos portos convocada para a próxima semana. Pero o Goberno rompeu as negociacións, ao tempo que recrúa o conflito.

Vigo Pesqueiro

Comezan as visitas guiadas do programa Vigo Pesqueiro, no que CCOO participa a través da fundación Fundamar

  • O programa procura potenciar o pasado e presente industrial da cidade olívica e da súa contorna
03.11.2016.

A fundación Fundamar, da que forma parte Comisións Obreiras (CCOO), organiza o próximo sábado, día 5 de novembro, o primeiro 'Percorre', unha serie de visitas guiadas ao abeiro do programa Vigo Pesqueiro. Trátase dunha inciativa que procura potenciar o pasado e presente industrial da cidade olívica e da súa contorna.

Vigo-Pesqueiro

CCOO participa no I Congreso Turismo Industrial Galicia-Norte de Portugal

  • O evento organizouse no marco do programa Vigo Pesqueiro, que procura potenciar o pasado e presente industrial da cidade olívica e da súa contorna
27.10.2016.

A fundación Fundamar, da que forma parte Comisións Obreiras (CCOO), organizou hoxe en Vigo o I Congreso Turismo Industrial Galicia-Norte de Portugal. Especialistas procedentes de ambas as dúas marxes do Miño analizaron e debateron nunha intensa xornada as oportunidades vinculadas ao turismo industrial.

Dous mortos no Mar nunha semana

CCOO esixe a apertura dunha investigación «seria» polas mortes accidentais de dous mariñeiros na costa galega

  • Dous mariñeiros perderon a vida na última semana, un en Corme e outro a bordo dun buque con base en Sada
28.09.2016.

O sector do Mar de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) comunica o seu pesar ás familias dos dous mariñeiros falecidos na última semana en sinistros acaecidos na costa galega. O sindicato esixe a apertura dunha investigación «seria» que esclareza as causas e poder entón adoptar medidas oportunas para «pór freo a esta epidemia».

Portos Galicia

Os partidos políticos acollen de bo grao as propostas de CCOO para o persoal portuario

23.09.2016.

O sector do Mar de CCOO e unha representación das seccións sindicais das autoridades portuarias galegas mantiveron xuntanzas nas últimas datas con BNG, En Marea e PSdeG. Nestes encontros, o sindicato explicoulles aos candidatos á Presidencia da Xunta, así como a varios deputados e deputadas, a problemática da Policía Portuaria dos cinco portos galegos de interese xeral.

En defensa do sector pesqueiro

En defensa do sector pesqueiro

  • O sector pesqueiro trasladoulle ás forzas políticas que se presentan ás eleccións as demandas para unha nova política pesqueira no país
22.06.2016.

Confrarías, organizacións de produtores de mexillón, plataformas e sindicatos (CCOO, UGT e CIG) realizaron un acto en Santiago este pasado martes, 21 de xuño, ao que invitaron o BNG, Cidadáns, En Marea, PP e PSdeG

Xornada pesca

CCOO acusa a Consellaría do Mar de «manipular» a representación do Consello Galego de Pesca nunhas xornadas sectoriais

  • O sindicato remitiu a semana pasada unha queixa ao departamento que dirixe Rosa Quintana por entender que só quería «calar» as voces críticas no evento 'Trazando rumbos de futuro'
04.05.2016.

A Federación de Servizos á Cidadanía de Comisións Obreiras de Galicia (FSC-CCOO) acusa a Consellaría do Mar de «manipular» a representación do Consello Galego de Pesca (CGP) nas xornadas sectoriais 'Trazando rumbos de futuro', que comezaron onte e continúan hoxe. O sindicato remitiu a pasada semana unha queixa ao departamento que dirixe Rosa Quintana por entender que a conformación da mesa non respondía á pluralidade do Consello, senón á intención de «calar» as voces críticas.

O Dorneda nunha foto de arquivo do diario Atlántico

O sector do mar lamenta o afundimento do 'Dorneda' e esixe unha investigación

12.07.2018.

O sector do Mar de CCOO de Galicia lamenta o afundimento do barco conxelador arrastreiro 'Dorneda' en augas arxentinas e transmite a súa solidariedade á familia do tripulante falecido e máis do desaparecido. O sindicato insta a empresa armadora, Freiremar, a contribuír a aclarar o sucedido, a tempo que pide que actúe «con urxencia» a comisión de investigación de accidentes marítimos e incidentes marítimos para determinar as causas e previr novos sinistros.

Conflito Estiba

CCOO pídelle ao Goberno que non aprobe o decreto sobre a estiba e que reabra a negociación

  • O sindicato afirma que é falso que a Comisión Europea esixise a modificación do réxime laboral na estiba e cre que o Goberno pretende despedir unha boa parte dos 6600 estibadores, á custa dos contribuíntes, e precarizar as condicións dos demais.
10.02.2017.

CCOO e os demais sindicatos con implantación entre os estibadores —UGT, Coordinadora, CIG e CGT— convocan folga para os días 20, 22 e 24 de febreiro, que paralizará os traballos de estiba en todos os portos españois. A razón desta folga é o propósito do Goberno, do que informou o ministro de Fomento aos sindicatos o pasado 2 deste mes, de aprobar decontado un real decreto no Consello de Ministros, para ser validado nas Cortes, que eliminaría radicalmente todos os dereitos dos traballadores conquistados ao longo de moitos anos de loitas e esforzo.

Convenio de mergullo

CCOO asina novas medidas de seguridade no convenio de mergullo e pide coeficientes redutores da idade de xubilación

  • O sindicato salienta que se trata de «grandes avances» que mellorarán a situación do colectivo
02.11.2016.

Comisións Obreiras (CCOO) asinou unha modificación do convenio colectivo de mergullo profesional e medios hiperbáricos. O sindicato amosa a súa «satisfacción» ante o «importante acordo», pois inclúe novas medidas de seguridade para mellorar a situación deste colectivo, que realiza funcións perigosas e de alto risco.

Convenio OIT sobre o traballo na pesca

CCOO insta o Estado español a aplicar o convenio da OIT sobre o traballo na pesca

  • O sindicato defende o seu labor nun «longo camiño» que culminou coa recente aprobación, por parte do Consello da Unión Europea, dunha directiva que permite aplicar no territorio europeo o dito convenio
17.10.2016.

O sector do Mar de Comisións Obreiras (CCOO) insta o Estado español a aplicar o convenio da Organización Internacional do Traballo (OIT) sobre o emprego na pesca marítima, aprobado hai case unha década, concretamente no 2007. A petición chega tras a decisión adoptada a pasada semana polo Consello da Unión Europea, que permite aplicar no territorio europeo o dito convenio.

FUNDAMAR

Campaña de sensibilización en emerxencias marítimas no sector pesqueiro

28.09.2016.

O martes, día 27, tivo lugar na sede da Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI) unha xornada organizada pola fundación Fundamar, da que forma parte CCOO, na que se presentou unha campaña de sensibilización en emerxencias marítimas no sector da pesca.

Campaña sensibilización en emerxencias marítimas

Campaña de sensibilización en emerxencias marítimas no sector pesqueiro: «A PREVENCIÓN, O MELLOR SALVAVIDAS»

  • Organizada por FUNDAMAR (CCOO, UGT, ARVI)
19.09.2016.

O próximo martes, 27 de setembro, terá lugar as 11:30 h en ARVI a presentación oficial do inicio da campaña de sensibilización «A prevención, o mellor salvavidas», organizada por FUNDAMAR, cofinanciada pola Xunta de Galicia e que contará coa intervención da secretaria xeral de Emprego, a señora Covadonga Toca Carús.

Por un reparto xusto

CCOO coida un «despropósito» a solicitude de tres anos de cárcere para dezaseis mariñeiros por se manifestaren

  • O sindicato ve na petición da Fiscalía «unha esaxeración fóra de toda racionalidade e proporcionalidade»
01.06.2016.

Comisións Obreiras (CCOO) coida un «despropósito, unha esaxeración fóra de toda racionalidade e proporcionalidade» os tres anos de cárcere que a Fiscalía solicita para dezaseis mariñeiros por se manifestaren. O sindicato critica a petición e vincúlaa con outras actuacións en que as solicitudes de pena chegan a ser «moi superiores ás das propias acusacións particulares».

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS