Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas
Aprobada a iniciativa CCOO no Concello de Vigo

Aprobada no Concello de Vigo a iniciativa de CCOO para a ampliación do Servizo de Salvamento e Socorrismo nas praias da cidade

27.04.2019.

O pasado mércores 24 de abril o Pleno do Concello de Vigo aprobou por unanimidade a Moción presentada polo Grupo Municipal da Marea de Vigo a iniciativa de CCOO para a ampliación do Servizo de Salvamento e Socorrismo nas praias da cidade.

Centos de xornalistas participaron nesta manifestación contra a manipulación informativa

Centos de xornalistas reivindican medios de comunicación públicos libres e de calidade

  • O persoal das radios e televisións públicas foron arroupados polas organizacións sindicais, numerosos colectivos e tamén representantes institucionais
08.09.2018.

Centos de xornalistas manifestáronse hoxe en Santiago de Compostela para esixir uns medios de comunicación públicos libres e de calidade. A marcha, convocada polos comités de empresa da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) e de Radiotelevisión Española en Galicia (RTVE), contou co apoio das organizacións sindicais, así como de numerosos colectivos e representantes institucionais.

Piscina Barco

CCOO ve moi sospeitoso o acordo que pretende acadar o concello de O Barco ca concesionaria da piscina Viaqua a 20 meses de expirar a concesión

  • O sindicato esíxelle ó concello do Barco que artellen os mecanismos necesarios que garantan a subrogación dos nove postos de traballo
09.06.2018.

Este escuro acordo deixa na rúa a todo o persoal que actualmente traballa na piscina. CCOO ve inadmisible que por dous meses incluídos un de vacacións (de ser certos os prazos do peche que o propio Concello anuncia) non se artellen os mecanismos necesarios que garantan a subrogación dos nove postos de traballo actuais na próxima adxudicataria do servizo.

Campolongo

CCOO califica de "surrealista" a novena prórroga das piscinas municipais de Campolongo e insta o Concello publicamente a sentarse a negociar

07.07.2017.

Dende CCOO queremos trasladar o malestar dos traballadores e traballadoras e das persoas usuarias da piscina de Campolongo polo estado en que se atopan as instalacións, con temperaturas elevadas, humidade por riba dos parámetros establecidos, pavimentos levantados, etc.

EE.SS. no Faro de Vigo

CCOO consegue toda a representación nas eleccións sindicais do Faro de Vigo

  • O sindicato ve un «claro recoñecemento» ao traballo realizado nos últimos anos
23.02.2017.

Comisións Obreiras (CCOO) volveu gañar as eleccións sindicais no Faro de Vigo, que tiveron lugar esta semana. O sindicato non só revalidou a súa maioría, igual ca en citas anteriores, senón que nesta ocasión o logrou por completo: nuns comicios en que participaron oito de cada dez persoas con dereito ao voto, a candidatura de CCOO conseguiu a totalidade de membros de que se compón o comité, nove.

Protesta do persoal da TVG

O Comité Intercentros da CRTVG esixe o cesamento do director xeral pola súa intervención de onte en Comisión parlamentaria

  • A representación sindical nega de forma tallante a intimidación a traballadores na protesta na redacción contra a manipulación informativa
04.07.2016.

Sector da dobraxe

CCOO contra o desmantelamento do sector da dobraxe

19.10.2015.

Comisións Obreiras (CCOO) apoia a concentración convocada pola asociación profesional APRADOGA contra o desmantelamento do sector da dobraxe. A acción reivindicativa terá lugar o vindeiro luns, 19 de outubro, ás 11:30 h, fronte ao Parlamento de Galicia.

Piscina Campolongo

O goberno municipal de Pontevedra négase a desprivatizar a piscina pública de Campolongo

  • O BNG non quere que a xestión da piscina de Campolongo se faga de xeito público e directo
07.05.2015.

Este pasado martes, 6 de maio, unha delegación de CCOO e una parte dos delegados sindicais de SERVIOCIO (Piscina de Campolongo) reuníronse co BNG co fin de coñecer de primeira man o estado da licitación da piscina municipal e para reclamar a súa xestión directa e pública.

Reunión de CCOO coa Marea de Vigo

CCOO reúnese coa Marea de Vigo e preséntalle un informe para a ampliación do Servizo de salvamento, socorrismo e accesibilidade ao baño nas praias viguesas

12.04.2019.

Este pasado mércores, 10 de abril, o representante dos traballadores e traballadoras de Comisións Obreiras no Servizo de Salvamento e Socorrismo do Concello de Vigo mantivo unha xuntanza con Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo e candidato nas eleccións municipais do mes de maio. O delegado de persoal de CCOO entregoulle á Marea de Vigo un Informe/Proposta para a ampliación da tempada de salvamento, socorrismo e accesibilidade ao baño nas praias viguesas, un servizo que na actualidade só cobre tres meses.

Cartel anunciando a manifestación

O Sindicato Nacional de CCOO chama a manifestarse o sábado en defensa dos medios de comunicación públicos

  • A manifestación reivindica a dignidade dos medios públicos, rexeita a manipulación informativa e esixe o cumprimento da Lei de medios públicos de Galicia
05.09.2018.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) chama a súa afiliación e a cidadanía en xeral a manifestarse o próximo sábado, día 8 de setembro, en defensa dos medios de comunicación públicos. CCOO lembra que o acceso a unha información plural e veraz é un dereito fundamental consagrado polas leis, comezando pola Constitución. Neste sentido, pide que o pobo galego participe de xeito activo na defensa dos medios de comunicación públicos, «que han ser de todas e de todos, non de quen goberne en cada momento».

ASINADO O IV CONVENIO DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E XIMNASIOS

ASINADO IN EXTREMIS O IV CONVENIO DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E XIMNASIOS

10.04.2018.

O pasado día 3 de abril, a patronal FNEID, CCOO e UGT asinaron o novo convenio do sector, ratificando así o acordo previo alcanzado en marzo, que na práctica supón a prórroga do III convenio, sen apenas modificación do texto máis alá da suba salarial.

O Colexio de Xornalistas  outorga o amparo a un profesional da TVG que denunciou manipulación

CCOO aplaude a decisión do Colexio de Xornalistas de lle outorgar o amparo a un profesional da TVG que denunciou manipulación

  • O organismo colexial considera que os superiores deste xornalista menoscabaron os seus dereitos ao manipularen unha noticia e que, ademais, comprometeron a súa dignidade e imaxe profesional
27.04.2017.

O sector de medios de comunicación de Comisións Obreiras de Galicia e a sección sindical de CCOO no ente público aplauden a decisión do Colexio de Xornalistas de lle outorgar amparo a un profesional da Televisión de Galicia (TVG) que denunciara a emisión dunha noticia súa, pero manipulada.

Prsentación do convenio no CRL

Asinado o primeiro convenio colectivo das orquestras de verbena de Galicia

  • O seu ámbito de aplicación atangue uns 4500 traballadores e traballadoras, dos que a cuarta parte son mulleres
  • Desde CCOO salientar o labor realizado por persoas do SGM, como Pablo Morán, presente na mesa de negociación do convenio, ou Moncho Varela, Cruz Andrade, Xosé Ramón Santomil, Antón Rodríguez, ou, xa na época do SGE, de Vicente Montoto, Avelino González ou Susana Dans.
18.11.2016.

Hoxe presentouse publicamente o primeiro convenio colectivo das orquestras de verbena de Galicia, asinado nos últimos días polos sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), CIG, CSI-F e UGT, xunto coa a Asociación Galega de Orquestras (AGO) como parte empresarial. Para CCOO trátase dun feito «histórico» que culmina décadas de traballo sindical para regular e mellorar as condicións laborais deste colectivo profesional.

RTVG

O persoal da CRTVG denuncia a brutal manipulación na emisión das escoitas de Fernández Díaz

  • Comunicado emitido polo Comité Intercentros da RTVG
  • Ministro conspirando, TVG manipulando
23.06.2016.

As traballadoras e traballadores da Televisión de Galicia protestaron esta mañá polo tratamento informativo que se lle deu na canle pública á información do escándalo que envolve ao ministro de Interior en funcións, Jorge Fernández Díaz. O Comité Intercentros da CRTVG manifestouse na redacción e no despacho da directora de informativos, da que pediron a dimisión, para protestar contra o que considera unha manipulación brutal e intolerable, inadmisible nun medio público que se debe ao dereito á información da cidadanía galega.

EESS na RTVG

CCOO é o único sindicato que incrementa a súa representación na CRTVG e sitúase xa como segunda forza

  • Malia se elixiren dez delegados e delegadas menos, a candidatura de Comisións Obreiras subiu tanto en número de representantes como en número de votos
05.06.2015.

Nas eleccións sindicais do ente público CRTVG, Comisións Obreiras foi a única organización que incrementou a súa representación no comité de empresa, fito que conseguiu tamén aumentando o número de votos recibidos. Isto produciuse, ademais, nun contexto en que se elixían dez delegados e delegadas menos que hai catro anos.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS