Comisiones Obreras - FSC Galicia

xoves 23 de xuño de 2016

O persoal da CRTVG denuncia a brutal manipulación na emisión das escoitas de Fernández Díaz

  • Comunicado emitido polo Comité Intercentros da RTVG
  • Ministro conspirando, TVG manipulando

As traballadoras e traballadores da Televisión de Galicia protestaron esta mañá polo tratamento informativo que se lle deu na canle pública á información do escándalo que envolve ao ministro de Interior en funcións, Jorge Fernández Díaz. O Comité Intercentros da CRTVG manifestouse na redacción e no despacho da directora de informativos, da que pediron a dimisión, para protestar contra o que considera unha manipulación brutal e intolerable, inadmisible nun medio público que se debe ao dereito á información da cidadanía galega.

RTVG

RTVG

Censura na emisión

O Comité Intercentros asegura que dende a dirección evitaron que se emitisen as gravacións de Fernández Díaz con Daniel De Alonso da Oficina Antifraude de Cataluña, publicadas en case todos os medios. A TVG ofreceu primeiro a versión do Goberno, antes de ofrecer a propia información. Nada da oposición a nivel nacional, que pediu a dimisión inmediata do ministro en funcións, só valoracións do Partido Popular; e, iso si, ben pegadiño a este escandaloso comportamento do PP, unha noticia que relaciona o financiamento de Podemos co Goberno de Venezuela.
 
Censura total na web
 
O Comité Intercentros denuncia tamén o xeito como se despachou a nova na web da CRTVG, que casualmente non publicou os telexornais do día 22, algo que nunca sucede, mentres que o resto da programación sen contido político está accesible coma sempre na web dos medios de comunicación públicos.
 
O Comité denuncia, unha vez máis, o exercicio de ocultación de datos e servilismo ao Goberno. Un tratamento onde só se atende a versión oficial, ou, no caso de incluír outras, no balance final que se fai sempre sae beneficiado o partido do poder, neste caso o Partido Popular. Presentan a un Fernández Díaz e un PP vítima dunha contra-campaña de cara as eleccións do domingo.
 
Esta denuncia xa se recolleu no blog eunonmanipulo, un espazo onde o persoal da TVG denuncia día a día desde hai anos as prácticas de manipulación informativa e no que defende a creación dun consello de informativos.
 
https://eunonmanipulo.wordpress.com/2016/06/22/brutal-censura-no-escandalo-de-fernandez-diaz/

O persoal da CRTVG denuncia a brutal manipulación na emisión das escoitas de Fernández Díaz

xoves 23 de xuño de 2016

Ligazóns de interese relacionadas

PRNoticias:La televisión gallega tampoco emite los audios de Fernández Díaz, ¿más censura?
Eu non manipulo e ti? Brutal censura no escándalo de Fernández Díaz
Praza Galicia: Persoal da TVG denuncia a "brutal manipulación e censura" na información sobre Fernández Díaz

Áreas temáticas relacionadas

Actualidade - Sindical - Actualidad

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS