Comisiones Obreras - FSC Galicia

luns 4 de xullo de 2016

O Comité Intercentros da CRTVG esixe o cesamento do director xeral pola súa intervención de onte en Comisión parlamentaria

  • A representación sindical nega de forma tallante a intimidación a traballadores na protesta na redacción contra a manipulación informativa

Protesta do persoal da TVG

Protesta do persoal da TVG

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2016.- O Comité Intercentros da Corporación RTVG solicita o cesamento do director deste medio por promover a vulneración de dereitos fundamentais no eido dun servizo público esencial.
 
A representación sindical considera inaceptables as explicacións ofrecidas por Alfonso Sánchez Izquierdo no seo da Comisión Permanente non Lexislativa de Control da Corporación RTVG ás preguntas do deputado do PSdeG, Xosé Luís Méndez Romeu, sobre a ausencia nos informativos da TVG dos audios do escándalo das gravacións ao ministro do Interior, e que motivaron —como expuxo o parlamentario socialista— unha protesta do persoal na redacción convocada polo Comité Intercentros.
 
O Comité Intercentros está firmemente convencido de que os medios públicos de Galicia non poden estar dirixidos por persoas que permiten a intimidación permanente e diaria de profesionais da información para que accedan á manipulación informativa, da que tamén facemos responsable á directora de Informativos, Pilar Bermúdez. Á representación sindical sorpréndelle que o director xeral tente xustificar no Parlamento a vulneración do dereito fundamental «a comunicar e recibir información veraz» con argumentos tan vagos como o de que «as fontes das gravacións ao ministro do Interior non procedían de sumarios», cando ese material sonoro si se emitiu nos informativos da Radio Galega. Ademais, é unha práctica habitual na Televisión de Galicia asumir e emitir contidos semellantes cando prexudican a oposición.
 
Igualmente, para o pleno do Comité é inaceptable que Sánchez Izquierdo anuncie no Parlamento que vai promover a violación de dereitos fundamentais executando medidas intimidatorias moi serias, como «poñer un entorno de vixilancia ata que se aclare a situación», en clara vulneración do dereito fundamental «de reunión pacífica e sen armas»; medidas como «abrir un entorno de investigación», que o comité considera «de parte» e sen garantías, co obxectivo de intimidar a representación sindical e correr unha cortina de fume que xustifique a non investigación das razóns polas que se omitiron os audios das gravacións ao ministro por un lado, e coa intención de impedir «expresar e difundir libremente os pensamentos, ideas e opinións» por outro; ou agresións á liberdade sindical e á lexislación laboral en vigor como «aprazar as reunións e conversas co comité de empresa».
 
 
O Comité Intercentros da Corporación RTVG rexeita de plano as acusacións do director xeral de «intimidación directa» a xornalistas e profesionais, aos que este órgano está a amparar acotío pola intimidación permanente ao que están sometidos, coa intención de forzalos a que accedan a exercicios de manipulación informativa amparados por Sanchez Izquierdo. De feito, o propio director xeral recoñeceu na comisión de control parlamentario que, despois de cinco anos, non existe data para lle dar cumprimento ao artigo 36 da Lei 9/2011, de 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, que establece a obriga de elaborar un estatuto profesional para a Corporación RTVG e o Consello de Informativos.
 
Precisamente, para o Comité Intercentros a evidencia máis clara da falsidade das acusacións vertidas por Alfonso Sánchez Izquierdo contra o Comité sobre «intimidacións a xornalistas e profesionais» é o feito de que a representación sindical conte con 380 sinaturas do persoal da CRTVG coas que solicitan a posta en marcha dese estatuto profesional e do Consello de Informativos, que o vindeiro luns lle entregarán ao Consello de Administración nunha xuntanza programada con ese órgano.
 
A reunión do Comité Intercentros co Consello de Administración da Corporación RTVG é unha das medidas da representación sindical —a instancias dos e das profesionais do medio— para solicitar o compromiso político na democratización definitiva dos medios públicos de comunicación de Galicia. Dentro destas accións, o comité organizou hai unhas semanas unha charla-coloquio na Facultade de Comunicación ofrecida por un representante do Consello de Informativos de Televisión Española e que para o director xeral foi o xerme da protesta do pasado xoves na redacción da TVG. O Comité Intercentros manifesta que o único xerme da protesta foi o descontento xeneralizado entre o persoal polo serio descrédito que representa para os intereses da CRTVG e para os seus profesionais a grave manipulación informativa que supón, entre outras moitas cousas, a omisión inxustificada dos audios gravados no caso do escándalo que afecta ao ministro do Interior en Funcións.
 
O Comité Intercentros poñerá en coñecemento da Inspección de Traballo as medidas anunciadas polo director xeral en sede parlamentaria de «aprazar as conversas e reunións co Comité de Empresa», por consideralas unha grave vulneración dos dereitos da representación sindical e da obriga legal de respectar o marco de representación legal establecido na empresa, en cumprimento da Lei orgánica de liberdade sindical.
 
A representación sindical denuncia que non fosen comunicadas, de ser certas, na xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral celebrado onte, «as graves crises emocionais dalgúns traballadores» das que informa o director xeral. 

O Comité Intercentros da CRTVG esixe o cesamento do director xeral pola súa intervención de onte en Comisión parlamentaria

luns 4 de xullo de 2016

Ligazóns de interese relacionadas

Noticia relacionada: O persoal da CRTVG denuncia a brutal manipulación na emisión das escoitas de Fernández Díaz

Áreas temáticas relacionadas

Actualidade - Sindical - Actualidad

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS