Comisiones Obreras - FSC Galicia

xoves 23 de febreiro de 2017

CCOO consegue toda a representación nas eleccións sindicais do Faro de Vigo

  • O sindicato ve un «claro recoñecemento» ao traballo realizado nos últimos anos

Comisións Obreiras (CCOO) volveu gañar as eleccións sindicais no Faro de Vigo, que tiveron lugar esta semana. O sindicato non só revalidou a súa maioría, igual ca en citas anteriores, senón que nesta ocasión o logrou por completo: nuns comicios en que participaron oito de cada dez persoas con dereito ao voto, a candidatura de CCOO conseguiu a totalidade de membros de que se compón o comité, nove.

EE.SS. no Faro de Vigo

EE.SS. no Faro de Vigo

~CCOO considera «rotundo» o seu triunfo nestas eleccións, pois alén do resultado, foi o único sindicato capaz de reunir os apoios suficientes para se presentar. A candidatura independente, que ata o momento tiña dous representantes, non conseguiu sequera reunir os 27 avais que precisaba para se presentar, malia que o cadro de persoal o forman 149 traballadoras e traballadores.

Para CCOO, estes feitos constitúen «un claro recoñecemento» ao traballo desenvolvido polo nos últimos anos, así como a «falta de confianza» cara a outras candidaturas.

Comisións presentouse a estas eleccións sindicais cunha lista que conxugaba a experiencia no comité coa necesaria renovación, o que se traduciu en catro novas caras no órgano. «Isto é boa proba da enorme capacidade e compromiso que esta sección sindical ten para cos seus compañeiros e compañeiras da empresa», aseguran desde a Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Galicia.

Por último, o novo comité de empresa do Faro de Vigo agradece ao conxunto dos traballadores e traballadoras a «altísima» participación nas eleccións, do 82 %, e especialmente a confianza depositada na candidatura das Comisións Obreiras.

CCOO consegue toda a representación nas eleccións sindicais do Faro de Vigo

xoves 23 de febreiro de 2017

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS