Comisiones Obreras - FSC Galicia

venres 7 de xullo de 2017

CCOO califica de "surrealista" a novena prórroga das piscinas municipais de Campolongo e insta o Concello publicamente a sentarse a negociar

Dende CCOO queremos trasladar o malestar dos traballadores e traballadoras e das persoas usuarias da piscina de Campolongo polo estado en que se atopan as instalacións, con temperaturas elevadas, humidade por riba dos parámetros establecidos, pavimentos levantados, etc.

Campolongo

Campolongo

Dende do Sector de Medios de Comunicación e Deporte de CCOO instamos os responsables do Concello a que se reúnan coa representación sindical de maneira urxente e lle trasladen os motivos desta nova prorroga, que xa é a novena, na prestación duns servizos cunhas instalacións que non están en condicións óptimas para o seu uso. Tamén quixeramos contrastar co concello a información transmitida pola empresa ao cadro de persoal, na que comunican o rexeitamento do Concello ás diferentes propostas de investimento económico que a empresa fixo para acometer as obras necesarias e básicas e afrontar todo o ano de prorroga en condicións dignas tanto para o persoal como para as persoas usuarias.
En relación coas declaracións de Raimundo González, portavoz municipal, nas que dicía que os traballadores «serán subrogados polo novo prego de condicións» e que «se descoñece que ocorrerá co persoal durante a execución da obra», dende CCOO cremos que resultan, no ano 2017, totalmente desafortunadas dado que a subrogación é obrigatoria por convenio colectivo; convenio que lles custou aos traballadores e traballadoras unha folga de 45 días no ano 2010. Respecto a que pasará co persoal no momento en que se acometan as obras, hai que dicir que a lexislación en materia laboral regula esta situación e que CCOO esixirá o seu cumprimento.
Ao fío do anterior, hai que dicir que CCOO acaba de recuperar, tras varias denuncias na Inspección de Sanidade, a figura do «socorrista liberado», que xa existía e que coa crise foi amortizándose de maneira paulatina ata desaparecer, asumindo estas funcións os monitores que daban clase, o que creaba un problema de seguridade para os usuarios e usuarias.

CCOO califica de "surrealista" a novena prórroga das piscinas municipais de Campolongo e insta o Concello publicamente a sentarse a negociar

venres 7 de xullo de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Actualidade - Sindical - Actualidad

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS