Comisiones Obreras - FSC Galicia

mércores 5 de setembro de 2018

O Sindicato Nacional de CCOO chama a manifestarse o sábado en defensa dos medios de comunicación públicos

  • A manifestación reivindica a dignidade dos medios públicos, rexeita a manipulación informativa e esixe o cumprimento da Lei de medios públicos de Galicia

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) chama a súa afiliación e a cidadanía en xeral a manifestarse o próximo sábado, día 8 de setembro, en defensa dos medios de comunicación públicos. CCOO lembra que o acceso a unha información plural e veraz é un dereito fundamental consagrado polas leis, comezando pola Constitución. Neste sentido, pide que o pobo galego participe de xeito activo na defensa dos medios de comunicación públicos, «que han ser de todas e de todos, non de quen goberne en cada momento».

Cartel anunciando a manifestación

Cartel anunciando a manifestación

A mobilización, convocada polos comités de empresa da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) e de Radiotelevisión Española en Galicia (RTVE), reivindica a dignidade dos dous entes, rexeita a manipulación informativa e esixe o cumprimento da Lei de medios audiovisuais públicos de Galicia, aprobada no 2011. Desde os comités de empresa da CRTVG e de RTVE insisten en que a manifestación está aberta a todas as persoas e colectivos interesados en participar, mais «sen distinción de siglas». Así mesmo, expoñen varias razóns para sumarse á manifestación.

Reivindicacións

En primeiro lugar, para erradicar a manipulación dos medios públicos; no caso de RTVE, piden que os cambios cheguen «a todos os centros» territoriais; no da CRTVG, esixen a creación do Consello de Informativos e do estatuto profesional. Reivindican tamén que se recuperen os programas de produción propia e os contidos de servizo público, nun momento en que boa parte está externalizada a empresas privadas. Rexeitan tamén os recortes en materia de persoal, salarios e orzamentos, que precarizan o emprego e dificultan o cumprimento do labor de servizo público.

Por último, os comités dos medios audiovisuais públicos esixen que se garanta a información de proximidade —ameazada por medidas como a supresión das desconexións locais da Radio Galega— e que rematen as represalias contra as traballadoras e traballadores que denuncian as malas prácticas.

Horario e percorrido

A marcha partirá ás 10:30 horas do sábado das instalacións da CRTVG en San Marcos (Santiago de Compostela). A seguir pasará polo centro territorial de RTVE, tamén en San Marcos, continuará polo Camiño Francés e o Monte do Gozo, prevéndose a chegada ao barrio de San Lázaro ao redor das 11:30. A continuación, irá cara á igrexa de San Lázaro, rúa dos Concheiros e rúa de San Pedro, para estar preto das 12 horas na praza 8 de Marzo (Porta do Camiño). Nese punto, a manifestación percorrerá o centro histórico compostelán: rúa das Casas Reais, praza de Cervantes, rúa do Preguntoiro, rúa da Caldeiraría, rúa das Orfas e rúa do Vilar, rematando na praza das Praterías sobre as 12:30 horas.

Ao remate da manifestación haberá actuacións musicais a cargo de Uxía, Xabier Díaz e Guadi Galego. As xornalistas Marga Pazos (CRTVG) e Rita Alonso (RTVE) lerán un manifesto en nome das traballadoras e traballadores dos medios de comunicación públicos de Galicia.
 

O Sindicato Nacional de CCOO chama a manifestarse o sábado en defensa dos medios de comunicación públicos

mércores 5 de setembro de 2018

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS