Comisiones Obreras - FSC Galicia

xoves 7 de maio de 2015

O goberno municipal de Pontevedra négase a desprivatizar a piscina pública de Campolongo

  • O BNG non quere que a xestión da piscina de Campolongo se faga de xeito público e directo

Este pasado martes, 6 de maio, unha delegación de CCOO e una parte dos delegados sindicais de SERVIOCIO (Piscina de Campolongo) reuníronse co BNG co fin de coñecer de primeira man o estado da licitación da piscina municipal e para reclamar a súa xestión directa e pública.

Piscina Campolongo

Piscina Campolongo

Respecto da licitación, manifestaron descoñecer en que estado se atopa, dado que é unha competencia dos socios do PSOE no pacto de goberno do concello, pero, sexa como for, eles non ven posible a reversión do servizo; en todo caso, estarían dispostos a garantir a subrogación dos traballadores e traballadoras na nova licitación.
Desde CCOO manifestamos a nosa sorpresa e perplexidade ante a contestación, tendo en conta que cuestións como a subrogación xa están recoñecidas por convenio, así como as retribucións.
Para CCOO resulta especialmente preocupante e decepcionante que un partido como o BNG e un goberno municipal como o de Pontevedra, que presume de compromiso co mantemento dos servizos públicos, de ser defensor e garante dun modelo de financiamento máis equitativo e solidario, de dar prioridade ás demandas sociais, logo na práctica caia nestas contradicións á hora de levar á práctica as súas políticas, escorrendo o vulto ás primeiras de cambio e aplicando, ao cabo, as mesmas políticas que tanto critican.
Resulta case escandaloso que o único que se lles ocorra dicir e ofrecer aos traballadores e traballadoras sexa o que xa teñen como dereito recoñecido no seu convenio colectivo.
Desde CCOO queremos instar as forzas políticas que aspiran a gobernar a asumiren un compromiso serio, claro e firme para cambiar o rumbo da súa acción política real, e que dean prioridade ás demandas sociais e laborais da cidadanía, cun investimento dirixido a impulsar o público, un modelo de financiamento máis equitativo e solidario que garanta a prestación dos servizos á cidadanía así como os ingresos suficientes para financialos.

 

O goberno municipal de Pontevedra négase a desprivatizar a piscina pública de Campolongo

xoves 7 de maio de 2015

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS