Comisiones Obreras - FSC Galicia

venres 5 de xuño de 2015

CCOO é o único sindicato que incrementa a súa representación na CRTVG e sitúase xa como segunda forza

  • Malia se elixiren dez delegados e delegadas menos, a candidatura de Comisións Obreiras subiu tanto en número de representantes como en número de votos

Nas eleccións sindicais do ente público CRTVG, Comisións Obreiras foi a única organización que incrementou a súa representación no comité de empresa, fito que conseguiu tamén aumentando o número de votos recibidos. Isto produciuse, ademais, nun contexto en que se elixían dez delegados e delegadas menos que hai catro anos.

EESS na RTVG

EESS na RTVG

Nos anteriores comicios, CCOO fora a quinta forza en número de votos e a cuarta en representación, con tres delegados e delegadas, a bastante distancia da CUT e a CIG (sete), a USO (seis), a UGT (catro), ARG (tres) e SXG (un). Agora, Comisións conseguiu incrementar os votos máis dun 65 %, situándose no terceiro lugar, con 116 —a só un voto do segundo máis votado— e no segundo lugar en número de representantes, con catro, empatando coa CIG e a USO, e moito máis preto da CUT, que se sitúa en seis e xa por riba da UGT (tres). Desaparecen do comité ARG e SXG, que non presentaron candidatura.

CCOO é o único sindicato que incrementa a súa representación na CRTVG e sitúase xa como segunda forza

venres 5 de xuño de 2015

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS