Comisiones Obreras - FSC Galicia

venres 22 de setembro de 2017

Folgas en outubro polo convenio de artes gráficas e editoriais

  • Os sindicatos piden incrementos salariais entre o 1,8 e o 3 % para os preto de cen mil traballadores e traballadoras afectados polo Convenio de artes gráficas, manipulados de papel, manipulados de cartón, editoriais e industrias auxiliares.

Reunidas as direccións sectoriais de CCOO e UGT que compoñen a mesa de negociación do convenio, e logo de analizaren todo o proceso de negociación que concluíu o pasado 16 de xullo co peche da mediación no SIMA sen avinza, acordamos o seguinte:

artes gráficas

artes gráficas

Continuar co proceso de asembleas nos territorios e intensificar a súa realización nos centros de traballo, para lles explicar a todos os traballadores e traballadoras do sector os motivos e reivindicacións que nos levan á mobilización, que culminará con varias xornadas de folga a finais de outubro e primeiros de novembro.

Centrar as principais reivindicacións nos seguintes puntos:

—    Incremento salarial entre o 1,8 % e o 3 %, con aplicación desde o 1 de xaneiro de 2017, que non sexa compensable nin absorbible e con cláusula de actualización.

—    Ultraactividade indefinida.

—    Inclusión no convenio dun plan de igualdade e un protocolo de actuación en casos de acoso sexual ou laboral.

—    Recoñecemento das parellas de feito, así como a posibilidade de beneficiarse do permiso por hospitalización de familiares mentres esta dure.

—    Eliminar a prioridade da antigüidade para elixir o período de gozo das vacacións.

Pola importancia do noso convenio, facemos un chamamento a todos os traballadores e traballadoras do sector para que participen de forma masiva nas asembleas convocadas, así como nas próximas mobilizacións e, por suposto, na realización das xornadas de folga.

Folgas en outubro polo convenio de artes gráficas e editoriais

venres 22 de setembro de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Actualidade - Sindical - Actualidad

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS