Comisiones Obreras - FSC Galicia

mércores 5 de novembro de 2014

CCOO fai un chamamento á participación na manifestación en defensa dos postos de traballo en Lantero

  • Tras case un mes de folga, os traballadores e traballadoras continúan a loita en defensa dos seus postos de traballo

A pesar de que nin a negociación nin a mediación avanzan, os traballadores e traballadoras de Lantero seguen firmes na súa loita, sumando apoios día a día. Onte mesmo, achegáronse aos concellos de Ames e Arteixo, na provincia da Coruña, onde compañeiros de Feiraco e Inditex, respectivamente, quixeron amosarlles a súa solidariedade e apoio.

Lantero en folga

Lantero en folga

Hoxe, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, continúan as negociacións, xa que se recorreu ao AGA (Acordo Galego de Resolución Extraxudicial de Conflitos).
A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Galicia amosou xa a súa disposición a prestar toda a axuda posible nesta loita polo mantemento do emprego e das condicións laborais de todos os traballadores e traballadoras de Lantero. Ao tempo, o sindicato rexeita profundamente as pretensións da Dirección da empresa, que unicamente procura o beneficio persoal, sen importárenlle as terribles consecuencias de futuro as súas decisións poden provocar.
Doutra parte, a FSC-CCOO denuncia as perversas mañas que está a utilizar a Dirección para amedrentar nas súas xustas demandas os traballadores e traballadoras que secundan a folga. A empresa, aproveitándose da reforma laboral do PP, e malia a ser un negocio máis que rendible, pretende unha redución salarial do 30% e despedir a boa parte do persoal. Ademais, os intentos de intimidación aos compañeiros e compañeiras en folga son unha constante desde o primeiro día, e mesmo se chegou a utilizar seguridade privada —con armas e cans adestrados—que ameaza a quen proteste ás portas da empresa.
Por todo isto, a FSC-CCOO chama a cidadanía a apoiar os traballadores e traballadoras de Lantero participando na manifestación convocada para mañá xoves, día 6 de novembro, en Vilagarcía de Arousa. A marcha, que percorrerá as principais rúas da localidade, partirá da Avenida da Mariña ás 20 h baixo o lema «todos somos Lantero». Tras case un mes de folga, a manifestación contará coa participación de moitos colectivos cidadáns, traballadores e traballadoras doutras empresas da comarca, comerciantes, hostaleiros, así como integrantes tanto do grupo de goberno local como da oposición.

CCOO fai un chamamento á participación na manifestación en defensa dos postos de traballo en Lantero

mércores 5 de novembro de 2014

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS