Comisiones Obreras - FSC Galicia

mércores 21 de xaneiro de 2015

CCOO insta a Lantero a retomar as negociacións tras a resolución xudicial que ratifica a legalidade da folga

  • O sindicato pide a paralización dos despedimentos en marcha e a readmisión das persoas xa despedidas, incluído o presidente do comité de empresa, Jesús López

A xustiza acaba de ratificar que a folga do persoal de Lantero é legal. A resolución xudicial supón un revés para a cartoneira arousá, que pretendía despedir os once integrantes do comité de folga se esta se declaraba «ilegal», situación que finalmente non se deu. Agora, Comisións Obreiras (CCOO) insta a Lantero a retomar as negociacións do expediente de regulación de emprego (ERE).

Conflito en Lantero

Conflito en Lantero

CCOO pide a paralización dos oito despedimentos previstos, así como a readmisión do case medio cento de persoas despedidas desde o inicio do conflito, incluído o propio presidente do comité de empresa, Jesús López.
Tras meses de «tensión» e de prácticas «intimidatorias» por parte da empresa, como a xa mencionada ameaza de despedimento do comité de folga, CCOO considera que agora é o momento de retomar as negociacións. Porén, o sindicato cre «moi difícil» que estas se poidan desenvolver con normalidade mentres Lantero non readmita o presidente do comité de empresa.
Para CCOO, estes máis de tres meses de folga indefinida demostran que o persoal de Lantero está «unido» contra as pretensións da empresa, que porfía nunha redución salarial do 30 % e no despedimento de boa parte do persoal.
Intervención no pleno de hoxe
CCOO ten coñecemento desta resolución xudicial hoxe, xusto na mesma xornada en que Jesús López volverá intervir na sesión plenaria para pedirlle ao alcalde de Vilagarcía de Arousa, Tomás Fole, unha actitude «contundente» en defensa do emprego na fábrica. Nas súas mans está a «ferramenta do conveino» para que Lantero «reconsidere a súa postura», apunta o sindicalista.

CCOO insta a Lantero a retomar as negociacións tras a resolución xudicial que ratifica a legalidade da folga

mércores 21 de xaneiro de 2015

Áreas temáticas relacionadas

Actualidade - Sindical - Actualidad

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS