Comisiones Obreras - FSC Galicia

martes 10 de febreiro de 2015

Remata o conflito de LANTERO que duraba xa máis de catro meses

  • CCOO sempre tivo claro que o conflito de LANTERO tiña solución
  • Unha vez alcanzado un acordo previo, foi referendado polo conxunto dos traballadores e traballadoras, que decidiron suspender a folga tras lograren a readmisión das persoas despedidas

A asemblea de traballadores e traballadoras da empresa cartoneira Lantero, de Vilagarcía de Arousa, ratificou esta mañá por ampla maioría o acordo previo ao que se chegou coa dirección da empresa, polo que se puxo fin a un longo conflito colectivo.

Lantero

Lantero

O devandito conflito orixinouse o pasado mes de outubro, cando a empresa presentaba un ERE de extinción para 32 persoas, ao tempo que externalizaba parte da produción e propuña unha rebaixa salarial media do 24 %. Ante estas medidas, o persoal iniciou unha folga indefinida desde o día 13 dese mes.

O conflito endureceuse no mes de novembro pola decisión da empresa de despedir o presidente do comité, Jesús López (de CCOO), e propor un novo ERE no que ampliaba a 56 os despedimentos. Finalizado sen acordo o período de consultas deste segundo expediente, o 23 de xaneiro executou 46 dos despedimentos, así como a mingua salarial do 24 %.

As xestións realizadas desde a Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO ante a dirección da empresa e, sobre todo, a unidade e decisión mostrada polo persoal neste longo conflito, lograron flexibilizar a posición empresarial, destaca o sindicato.

Finalmente, segundo recolle o acordo previo agora ratificado, non haberá despedimentos forzosos; liquídase a actual situación con baixas incentivadas voluntarias e prexubilacións (ata un máximo de 18) e procederase á readmisión inmediata das persoas despedidas. Ademais, durante un período de 21 meses haberá un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) que poderá afectar, como máximo, seis meses a cada traballador ou traballadora. Decídese tamén unha redución temporal do 10 % da masa salarial, e a empresa non externalizará ningunha área de produción, pero si investirá na modernización e ampliación da capacidade produtiva da fábrica. Tamén se producirá, con carácter inmediato, a readmisión do presidente do comité de empresa.

Para CCOO, queda demostrado, unha vez máis, que a loita das traballadoras e dos traballadores —moi dura neste caso, con catro meses en folga— e a unidade do persoal cos seus representantes dan os seus froitos. E a solidariedade expresada pola cidadanía fixo posible a resistencia neste longo conflito. Agora é tarefa de todos recuperar a situación dunha fábrica estratéxica no sector e na comarca de Arousa co que é e sempre foi o seu principal activo: as persoas que nela traballan.

Remata o conflito de LANTERO que duraba xa máis de catro meses

martes 10 de febreiro de 2015

Documentos relacionados

Texto acordo Lantero en PDF

Áreas temáticas relacionadas

Actualidade - Sindical - Actualidad

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS