Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas
Acordo plurianual en Correos

CCOO acada con Correos un Acordo plurianual 2018-2020

  • Oferta de emprego de 12.000 prazas, unha mellora salarial superior ao 9 %, redución da temporalidade ao 8 % e melloras da prestación do servizo postal público á cidadanía. Con isto, desactívase o conflito e as folgas previstas para o 21 e 26 de decembro
20.12.2018.

Para o sindicato, a mobilización, a folga do 30 de novembro e a presión dos paros xerais previstos dos días 21 e 26 deste mes lograron que Correos mellore a súa proposta final e poña para asinar un Acordo que, coida CCOO, atende as reivindicacións dos traballadores e traballadoras da empresa pública e desactivan as folgas xerais previstas nos próximos días.

O próximo luns, 26 de febreiro, están citadas as organizacións sindicais para informar sobre a apert

Unipost entra en fase de liquidación

  • CCOO lamenta o peche do primeiro operador postal privado do país porque supón a perda de emprego de case 2400 traballadoras e traballadores directos e centenares indirectos pola rede de franquías.
21.02.2018.

Sete meses despois de que Unipost solicitara concurso voluntario de acredores, o Xulgado do Mercantil n.º 7 de Barcelona decreta a apertura da fase de liquidación da primeira empresa postal privada do país. Segundo puido saber CCOO, a xestión da compañía recae a partir de agora na administradora concursal, que se encargará de realizar reunións cos principais clientes en función das cales se fixarán novas fases do ERE ata «o cesamento da actividade»

CCOO contra o ERE en Unipost

Ante os primeiros 469 despedimentos, CCOO volve esixir medidas para evitar o peche de Unipost

19.11.2017.

Tras as concentracións realizadas durante o último mes, coincidindo co período de consultas do ERE e cos seus puntos álxidos os pasados 7 e 8 de novembro, nas que o persoal de Unipost mostrou o seu rexeitamento ao peche da empresa e o ERE de extinción previsto para todo o cadro de persoal en toda España, CCOO volve demandar medidas que eviten o peche definitivo da empresa e o despedimento de máis 2200 traballadores.

O Congreso aproba a proposta de CCOO

O Congreso aproba a proposta de CCOO que lle esixe ao Goberno financiamento, viabilidade e acordo laboral para Correos a través dunha proposición non de lei do Grupo Unidos Podemos

30.06.2017.

CCOO, sindicato maioritario en Correos, vén tomando nos últimos meses un conxunto de iniciativas parlamentarias, a través dos distintos grupos políticos, co fin de poñer freo ao recorte no financiamento do servizo postal universal (SPU) previsto nos PXE-2017, garantir a viabilidade do operador postal público e acadar un acordo laboral para os seus máis de cincuenta e sete mil traballadores e traballadoras. Nese sentido, CCOO considera moi positivo que o Congreso dos Deputados instara o Goberno, a través dunha proposición non de lei presentada polo Grupo de Unidos Podemos, a tomar medidas concretas naquela dirección.

Fomento reúne os sindicatos

CCOO esixirá a reposición do financiamento recortado ao correo público (70 %) e, se non, convocará folgas

  • CCOO, sindicato maioritario en Correos, rexeita de forma tallante o recorte do 70 % da prestación para o Servizo Postal Universal que aplica Correos na Lei de presupostos xerais do Estado de 2017, actualmente no Senado.
  • O sindicato critica que o Goberno non rectificase a tesoirada dun terzo anunciada o pasado abril, senón que a amplía a dous terzos do financiamento. Esa talladura financeira terá claras repercusións no servizo público postal prestado á cidadanía, claramente deficitario xa, e podería carrear graves recortes de persoal.
  • Ante o anuncio de mobilizacións, o Ministerio citou a CCOO e mais o resto de organizacións sindicais a unha reunión que terá lugar o venres, 9 de xuño, na que CCOO espera que se restitúa o financiamento e se poña data ao Plan de Prestación Universal que manda a lei, pendente desde hai seis anos.
08.06.2017.

CCOO, sindicato maioritario en Correos, oponse á tesoirada do 70 % da partida orzamentaria destinada á prestación do servizo postal público que Fomento e Facenda queren aplicar a Correos nos Presupostos Xerais do Estado (PXE) de 2017.

OPE 2017 Correos

Correos aproba a convocatoria de case 2.450 prazas pactadas con CCOO para 2017

  • CCOO, sindicato maioritario en Correos, sinala que as prazas son froito do acordo acadado por CCOO con SEPI e Correos, concretado na Disposición adicional 15 da Lei de presupostos xerais de 2016, que regulou a taxa de reposición do operador público.
30.12.2016.

En concreto, a empresa anuncia a convocatoria de entre 2.430 e 2.450 prazas para 2017, das que 2.345 se destinarán a cubrir postos de axente, reparto a pé e reparto en moto. CCOO considera positiva esta nova convocatoria de emprego fixo en Correos e cre que, sumada aos máis de 1.600 postos do ano anterior, debe formar parte dunha oferta plurianual ata 2020 que o sindicato calcula en 10.000 prazas. Así mesmo, sinala a necesidade de que este emprego sexa a tempo completo para evitar a precarización a través dos contratos a tempo parcial.

Mobilizacións en UNIPOST-Coruña

CCOO manterá e intensificará as mobilizacións en Unipost

19.09.2016.

Na reunión mantida o 15 de setembro, CCOO xunto co resto de organizacións sindicais con representación na empresa postal privada —UGT, CGT e USO—, tras valoraren o seguimento dos paros realizados ata a data e analizar a situación, decidiron continuar coas protestas e intensificalas, a menos que a empresa atenda as demandas do persoal e modifique a súa nefasta política de aprazamentos e fraccionamentos no pagamento aos traballadores e traballadoras.

EE.SS. en Correos

CCOO gaña por sexta vez consecutiva as eleccións sindicais en Correos

  • En Galicia, a falta de se celebraren as eleccións sindicais na provincia da Coruña, adiadas para o 21 de xaneiro, CCOO obtén un total de 26 representantes, o que nos mantén, a gran distancia sobre o resto, como primeiro sindicato neste ámbito.
18.12.2015.

Nas eleccións sindicais celebradas este 17 de decembro en todo o país, CCOO gaña por unha ampla maioría de representantes e votos, mellorando os resultados do 2011. Cun 38 % no persoal laboral, un 32 % no persoal funcionario e un total de 408 delegados/delegadas, e cunha diferenza de 164 delegados/delegadas sobre o segundo sindicato e de 240 a 291 sobre o resto, CCOO consolídase como primeira forza sindical no correo público desde 1995.

Unipost bota o pecho definitivo

Unipost bota o pecho definitivo a finais de abril

28.02.2018.

CCOO tivo coñecemento do despedimento de Pablo Raventós, director xeral de Unipost, e seguirá insistindo para que sexa declarado culpable de levar á liquidación o primeiro operador privado do país.

CCOO contestará a esta agresión cun proceso gradual e crecente de mobilización

CCOO denuncia a extrema situación de risco de Correos, un dos operadores postais con menos recursos da Unión Europea

  • O sindicato maioritario en Correos chama a atención sobre a extrema situación de risco en que se encontra a empresa pública e o servizo postal público prestado á cidadanía tras recibir, en 2017, 52 millóns de euros dos 180 que viña recibindo en anos anteriores, un recorte de máis de dous terzos respecto a exercicios orzamentarios anteriores.
  • O Executivo non só aplicou unha tremenda tesoirada no financiamento público, senón que lle debe á empresa 260 millóns de euros. Ao recorte económico súmase a falta dun plan estratéxico desde hai máis de medio ano e a ausencia de apoio político, cun Plan de Prestación do Servizo Postal Universal pendente de definir desde hai dez anos.
  • Unha situación que CCOO tacha de lamentable e insostible pola crecente deterioración da prestación dun servizo público ao que o Goberno está abocando a Correos, pola insuficiencia de persoal (17.000 traballadoras e traballadores menos desde 2007), a precarización de emprego e a desregulación das condicións laborais.
27.01.2018.

CCOO, sindicato maioritario de Correos, advertiu da que denomina «extrema situación de risco» da empresa postal pública ante a tesoirada no financiamento público e a ausencia de medidas por parte do Goberno.

O Ministerio de Fomento garante o financiamento do Servizo Postal Universal de Correos

O Ministerio de Fomento garante o financiamento do Servizo Postal Universal de Correos

  • CCOO, sindicato maioritario en Correos, cualifica a reunión de satisfactoria ao conseguir arrancar os compromisos de garantía de financiamento do servizo postal universal (SPU) e a creación do Plan de prestación no prazo dun ano, e valora a vontade política do Goberno co futuro de Correos.
  • O sindicato esixiu que estes compromisos se plasmen por escrito, a coordinación entre Facenda e Fomento —propietario e regulador— para asegurar a viabilidade de Correos e evitar así os erros do pasado.
12.06.2017.

Na reunión que tivo lugar o venres, 9 de xuño, en relación co recorte do 70 % para a prestación do servizo postal universal, entre CCOO, sindicato maioritario en Correos, e o resto de organizacións sindicais cos que ten o 85 % da representación da empresa, Fomento expresou a vontade política de asegurar o financiamento de Correos.

CCOO rexeita o recorte no financiamento de Correos

CCOO rexeita a resposta do ministro de Fomento sobre o recorte no financiamento de Correos e non desbota impulsar mobilizacións

  • CCOO, sindicato maioritario en Correos, rexeita a resposta que o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, deu onte no Senado sobre o recorte dun terzo no financiamento do Servizo Postal Universal, tras ser interpelado polo senador socialista David Delgado, a instancias de CCOO e no marco das iniciativas parlamentarias que o sindicato está promovendo para evitar que os PXE para 2017 poñan en perigo a viabilidade da maior empresa pública do país.
26.05.2017.

CCOO asegura que o recorte vai poñer en xaque a empresa pública, a vertebración territorial, social e económica do país, o servizo postal público prestado á cidadanía, empresa e Administración, así como unha redución dun terzo do seu cadro de persoal.

Oposicións en correos

27-N oposicións en Correos

  • O domingo 27 de novembro, ás 10 da mañá, comezará o exame
25.11.2016.

Máis de 120.000 aspirantes en toda España, 2035 na provincia de Pontevedra, presentaranse o próximo 27-N ás oposicións en Correos, impulsadas por CCOO, para obteren un dos 1.606 empregos fixos, 29 na provincia de Pontevedra.CCOO, sindicato maioritario en Correos, coida insuficiente esta oferta de emprego para recuperar os máis de 15.000 postos de traballo perdidos desde 2008 en Correos e demanda unha oferta plurianual para desenvolver nesta lexislatura e garantir así o servizo público postal á cidadanía e o rescate do persoal perdido.

Concentración UNIPOST

CCOO mobilízase en Unipost para esixir o cobramento íntegro das nóminas e a fin da precariedade laboral

  • O persoal de Santiago de Compostela e Pontevedra mobilizarase na cidade do Lérez o día 6, mentres que as traballadoras e traballadores da Coruña e Ourense se concentrarán o día 7
06.09.2016.

Comisións Obreiras (CCOO), xunto con outras organizacións sindicais, convoca esta semana mobilizacións en Unipost para esixir o cobramento íntegro das nóminas e a fin da precariedade laboral. O sindicato leva máis dun ano a denunciar tanto o atraso no pagamento dos salarios como a súa percepción en varios prazos (ata catro). En Galicia haberá paros parciais entre os días 5 e 9, así como concentracións o martes e o mércores.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS