Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 de Maio. Primeiro as persoas
Un momento da concentración

Persoal das subcontratas de R Cable mobilizouse contra a deslocalización do emprego

18.07.2019.

Traballadores e traballadoras de compañías subcontratadas pola empresa de telecomunicacións R Cable mobilizouse o mércores na Coruña en defensa dos postos de traballo e contra a deslocalización do emprego fóra de Galicia.

CCOO gaña as EESS de TElefónica en Galicia

En Galicia, CCOO gaña as eleccións sindicais en Telefónica de España

  • CCOO consegue a representación do 50% de delegados e delegadas en Galicia
  • A representación por provincias é como segue: A Coruña con 6 delegados/as, Ourense con 3 delegados e Lugo con 1 delegada, máis os 8 delegados e delegadas de Pontevedra.
21.05.2019.

O pasado 16 de maio celebráronse as eleccións sindicales de Telefónica de España nas provincias da Coruña, Ourense e Lugo; en Pontevedra renovaranse os delegados e delegadas elixidos no 2020.

NON AO ERE EN VODAFONE

Continúan as mobilizacións contra do ERE de Vodafone

  • Hoxe, os traballadores e traballadoras de Vodafone Galicia concéntranse nas tendas de Vodafone da Coruña e Vigo nun día máis de folga en todo Estado
18.02.2019.

CCOO considera que o ERE está inxustificado, tanto desde o punto de vista económico, que é conxuntural, como desde o punto de vista organizativo, que non ten en conta a carga de traballo, a situación actual da dixitalización e, sobre todo, porque un cambio tan profundo na organización non se pode facer dun día para outro.

CCOO rexeita os despedimentos en Vodafone

CCOO rexeita os despedimentos en Vodafone

  • Ante o anuncio da dirección de Vodafone de iniciar un ERE que afectará ata a un máximo de 1200 empregos, CCOO rexeita que as decisións da dirección sempre repercutan no emprego do persoal.
11.01.2019.

A dirección de Vodafone comunicoulles ás seccións sindicais da empresa, nunha reunión mantida esta mañá, 10 de xaneiro, a súa intención de iniciar un procedemento de despedimento colectivo (ERE) no Grupo Vodafone España que afectará ata un máximo de 1200 empregos.

Traballadores e traballadoras de Atento Coruña mobilízándose polas presiónque sofren cada día

Continúan as mobilizacións en Atento Coruña cun paro de 24 horas

  • O Comité de Empresa de Atento A Coruña, o que pertence CCOO, por unanimidade, decidiu continuar coas mobilizacións coas que comezou o pasado 28 de maio e convocar para hoxe 16 de xullo unha folga de 24 horas, continuando nos seguintes luns de maneira indefinida coas concentracións e paros de una hora todos os luns ata que a empresa non depoña a súa actitude.
  • O Comité de empresa esixe que a empresa negocie de boa fe e desista de continuar coas presións
16.07.2018.

Atento Coruña, segue a actuar de forma cicateira e sen negociación ante as reivindicacións que todo ó Comité de Empresa ten suscitado, e que tras a primeira e única reunión mantida dende o comezo das mobilizacións, a empresa segue facendo oídos xordos ós seus traballadores e traballadoras

Convenio colectivo asinado

Contratos indefinidos: obxectivo conseguido en 'contact center'

26.07.2017.

CCOO, que sempre defendeu que os contratos de obra e servizo do sector de 'contact center' deberían ser indefinidos, tras duras negociacións coa patronal conseguiu plasmalo no novo convenio.

ERE en EXTEL

Folga de 24 horas en EXTEL-Coruña este martes 18 de outubro

  • Os traballadores e traballadoras fan un chamamento á cidadanía da Coruña para formar unha cadea humana, a partir das 12 da mañá, rodeando a Torre de Hércules
17.10.2016.

EXTEL-Coruña, como centro de chamadas e de atención ao cliente, que presta servizo en exclusiva para a multinacional Telefónica-Movistar, acaba de presentar un ERE que afecta a 205 postos de traballo dos 900 con que conta na cidade.

Extel

ERE en EXTEL

  • O 27 de setembro, tras moitas horas de reunión (aínda na mesa), quedou constituída a mesa negociadora do expediente de regulación de emprego da empresa EXTEL CRM.
  • O comité de Extel convoca para mañá xoves, día 29, paros e concentracións na Coruña
  • Convocada folga de 24 horas para o 6 de outubro
28.09.2016.

Nesta primeira xuntanza, tras recoñecernos as partes, a empresa entregou a documentación (en papel) na que sustenta as súas intencións, e que queda pendente de ser analizada pola RLT. Polo tanto, o período de consultas, e así o manifestamos todas as forzas sindicais presentes na mesa, comeza hoxe, salvo omisión de información básica requirida por lei.

Renovada a Seccion Sindical Extel

Renovada a Sección Sindical de CCOO de Extel A Coruña

  • Inés Papin Estévez saíu reelixida secretaria xeral de CCOO en Extel A Coruña
  • Aprobouse por unanimidade o informe xeral, no que se expuxo o traballo realizado durante estes catro anos
07.06.2019.

O 7 de xuño celebrouse o Congreso da Sección Sindical de Extel A Coruña. En representación da Sección Sindical Estatal de Extel e da executiva do Sector Estatal asistiu Trinidad Molina, que fixo unha valoración moi positiva do traballo realizado pola Sección Sindical da Coruña. Tamén participaron compañeiros e compañeiras do grupo de traballo do sector de Galicia.

CCOO gaña as EESS na Coruña

CCOO gaña as eleccións sindicais en Telyco A Coruña

  • A participación foi moi elevada, máis do 90 %
26.03.2019.

O 21 de marzo celebráronse eleccións sindicais en Telyco A Coruña. Por primeira vez nesta provincia, o proceso era para elixir cinco persoas e constituír o Comité de Empresa da Coruña. A participación do 94,6 % foi moi elevada e os resultados, os seguintes: Candidatura de CCOO: 33 votos, 3 delegados/as Candidatura de UXT: 19 votos, 2 delegadas Branco: 1 voto A lista presentada por CCOO foi a máis votada e obtivo o apoio maioritario

O comité rexeita os despedimentos nunha empresa con beneficios

Os comités de empresa de Vodafone en Galicia rexeitan o ERE que afectaría ao 25 % do persoal

  • Censuran que unha multinacional con beneficios propoña medidas traumáticas como un despedimento colectivo
  • Haberá folga os días 11, 13, 18 e 20 de febreiro
06.02.2019.

Os comités de empresa provinciais de Vodafone na Coruña e Pontevedra rexeitan o expediente de regulación de emprego (ERE) proposto pola multinacional, que implicaría a destrución do 25 % dos postos de traballo en Galicia.

CCOO EXTEL A Coruña en folga

Convocada folga en EXTEL A Coruña para mañá 5 de decembro

  • As 12 horas do mesmo día, CCOO convoca una concentración fronte as oficinas da empresa no Edificio Proa, en Matogrande.
04.12.2018.

As traballadoras e os traballadores de Extel na Coruña irán á folga mañá dia 5 de decembro para esixir que se respecten os seus dereitos laborais e salariais e que a empresa negocie coa representación dos traballadores para buscar solucións ás reivindicacións que levan meses trasladando e que a empresa fai oídos xordos.

Eleccións sindicais en BT Coruña

CCOO gaña as eleccións sindicais en BT España na Coruña

  • Alta participación malia estarmos en época de vacacións
  • O resultado final foi de dous membros de CCOO e un de UGT
24.08.2017.

acuerdo en Atento

MSCT, VARIAS PROPOSTAS, UNHA FINAL

  • Acordo na Modificación Substancial das Condicións de Traballo
18.07.2017.

Manifestación EXTEL

Extel: CCOO esixe a retirada do ERE

  • Multitudinaria manifestación de rexeitamento na Coruña
07.10.2016.

Milleiros de persoas saíron ás rúas da Coruña, este pasado xoves, para se manifestaren contra as intencións da empresa EXTEL de desfacerse de centos de traballadores e traballadoras mediante un ERE que os servizos xurídicos de CCOO cualifican como inxustificado.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS