Comisiones Obreras - FSC Galicia

mércores 26 de xullo de 2017

Contratos indefinidos: obxectivo conseguido en 'contact center'

CCOO, que sempre defendeu que os contratos de obra e servizo do sector de 'contact center' deberían ser indefinidos, tras duras negociacións coa patronal conseguiu plasmalo no novo convenio.

Convenio colectivo asinado

Convenio colectivo asinado

Neste sector hai unhas oito mil persoas contratadas antes do 18 de xuño de 2010 que, aínda a día de hoxe, manteñen un contrato de obra e servizo. Este tipo de contratacións, por desgraza, dada a legalidade vixente, non podían ser indefinidos.

Pero grazas ao convenio que CCOO asinou, estes contratos de obra e servizo deberán transformarse en indefinidos, seguindo estes criterios:

– os asinados con anterioridade ao 31 de decembro de 2008 deberán converterse en indefinidos o 1 de agosto de 2017;

– os asinados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2009 deberán converterse en indefinidos antes do 31 de decembro de 2017.

– os asinados entre o 1 de xaneiro e o 18 de xuño de 2010 deberán converterse en indefinidos antes do 31 de decembro de 2018.

O sindicato ten claro que, sen este convenio, as empresas non transformarían estes máis de oito mil contratos por obra ou servizo en indefinidos.

Contratos indefinidos: obxectivo conseguido en 'contact center'

mércores 26 de xullo de 2017

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS