Comisiones Obreras - FSC Galicia

xoves 24 de agosto de 2017

CCOO gaña as eleccións sindicais en BT España na Coruña

  • Alta participación malia estarmos en época de vacacións
  • O resultado final foi de dous membros de CCOO e un de UGT

Eleccións sindicais en BT Coruña

Eleccións sindicais en BT Coruña

Onte, 23 de agosto, celebráronse por primeira vez as eleccións sindicais nos centros de traballo de BT España na Coruña.

Cun censo total de 31 persoas, rexistrouse unha altísima participación nestas eleccións, malia estarmos en época de vacacións. Case un 84 % do persoal exerceu o seu dereito a voto.

Os candidatos e a candidata a delegados de persoal por CCOO foron os máis votados. O resultado final foi de dous membros de CCOO e un de UGT. Temos que destacar que por un único voto non puidemos desfacer o empate na elección do terceiro delegado/a, que se resolveu aplicando o criterio de antigüidade na empresa a favor de UGT.

CCOO agradécelles ás traballadoras e traballadores a confianza que depositaron no sindicato e que posibilitou estes óptimos resultados. O sindicato está disposto a responder a esta confianza co traballo diario nunha nova etapa que se abre en BT España na Coruña
 

CCOO gaña as eleccións sindicais en BT España na Coruña

xoves 24 de agosto de 2017

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS