Comisiones Obreras - FSC Galicia

luns 16 de xullo de 2018

Continúan as mobilizacións en Atento Coruña cun paro de 24 horas

  • O Comité de Empresa de Atento A Coruña, o que pertence CCOO, por unanimidade, decidiu continuar coas mobilizacións coas que comezou o pasado 28 de maio e convocar para hoxe 16 de xullo unha folga de 24 horas, continuando nos seguintes luns de maneira indefinida coas concentracións e paros de una hora todos os luns ata que a empresa non depoña a súa actitude.
  • O Comité de empresa esixe que a empresa negocie de boa fe e desista de continuar coas presións

Atento Coruña, segue a actuar de forma cicateira e sen negociación ante as reivindicacións que todo ó Comité de Empresa ten suscitado, e que tras a primeira e única reunión mantida dende o comezo das mobilizacións, a empresa segue facendo oídos xordos ós seus traballadores e traballadoras

Traballadores e traballadoras de Atento Coruña mobilízándose polas presiónque sofren cada día

Traballadores e traballadoras de Atento Coruña mobilízándose polas presiónque sofren cada día

Na derradeira reunión do 06  de xuño , a empresa desoíu as reivindicacións que o Comité de Empresa expuxo, sen intención de resolver as denuncias realizadas
 
Reclamacións que son xustas  e que os traballadores e traballadoras de Atento Coruña continúan reivindicando, rexeitando:
- Os despedimentos recentes realizados pola empresa.
- As presións e as continuas ameazas sobre todo o persoal e, en maior medida, no departamento de Gran Público.
- A presión que exerce a mutua sobre os traballadores e traballadoras enfermos/as,  para que estes acurten as súas baixas laborais.
- O control excesivo e continuo da xestión do desempeño que so busca sancionar os traballadores e as traballadoras.
- A pésima xestión das vacacións que non garanten o goce das mesmas no período de verán, ameazando coa asignación a dedo e de xeito unilateral por parte da empresa
  
Os traballadores e traballadoras de Atento Coruña queren traballar con dignidade, sen presións, ameazas e malos modos e continuarán coas mobilizacións mentres a empresa non poña medidas correctoras para que estas maneiras non se repitan
 

Continúan as mobilizacións en Atento Coruña cun paro de 24 horas

luns 16 de xullo de 2018

Áreas temáticas relacionadas

Actualidade - Sindical - Actualidad

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS