Comisiones Obreras - FSC Galicia

venres 11 de xaneiro de 2019

CCOO rexeita os despedimentos en Vodafone

  • Ante o anuncio da dirección de Vodafone de iniciar un ERE que afectará ata a un máximo de 1200 empregos, CCOO rexeita que as decisións da dirección sempre repercutan no emprego do persoal.

A dirección de Vodafone comunicoulles ás seccións sindicais da empresa, nunha reunión mantida esta mañá, 10 de xaneiro, a súa intención de iniciar un procedemento de despedimento colectivo (ERE) no Grupo Vodafone España que afectará ata un máximo de 1200 empregos.

CCOO rexeita os despedimentos en Vodafone

CCOO rexeita os despedimentos en Vodafone

CCOO estivo e estará en contra da destrución de emprego. Demostrouno coa loita e unha toma de postura clara, sempre en coherencia coas decisións dos traballadores e traballadoras nas asembleas convocadas por esta organización sindical. Todos os representantes deben defender, sen lugar a dúbida, un horizonte laboral estable e a viabilidade da empresa baseada en criterios de responsabilidade por parte da dirección coas persoas que a conforman.
 
Para o sindicato resulta incomprensible que as decisións da dirección da compañía sempre repercutan no emprego do cadro de persoal, sen ter presente outros exemplos de empresas do sector de telecomunicacións que actúan dun modo moito máis responsable socialmente.
 
CCOO, como principal sindicato estatal por número de afiliación e representación de traballadoras e traballadores, aposta desde a presión por unha negociación ata o final, baseada na mesma coherencia que no ere anterior, rexeita de plano calquera despedimento forzoso e propón alternativas.
 
A defensa do emprego debe ser o obxectivo común de todos os sindicatos presentes na mesa de negociación e CCOO así o defenderá. Esperamos que todos os sindicatos actúen coa mesma coherencia desde o principio ata o final da negociación, sen xiros nin actos que confundan os traballadores e traballadoras sobre a postura final de cada un.

CCOO rexeita os despedimentos en Vodafone

venres 11 de xaneiro de 2019

Áreas temáticas relacionadas

Actualidade - Sindical - Actualidad

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS