Comisiones Obreras - FSC Galicia

mércores 6 de febreiro de 2019

Os comités de empresa de Vodafone en Galicia rexeitan o ERE que afectaría ao 25 % do persoal

  • Censuran que unha multinacional con beneficios propoña medidas traumáticas como un despedimento colectivo
  • Haberá folga os días 11, 13, 18 e 20 de febreiro

Os comités de empresa provinciais de Vodafone na Coruña e Pontevedra rexeitan o expediente de regulación de emprego (ERE) proposto pola multinacional, que implicaría a destrución do 25 % dos postos de traballo en Galicia.

O comité rexeita os despedimentos nunha empresa con beneficios

O comité rexeita os despedimentos nunha empresa con beneficios

Para a representación legal dos traballadores e das traballadoras, unha empresa con beneficios non pode aplicar medidas traumáticas como un despedimento colectivo. 

Amais dos postos de traballo directo que se ven ameazados (aproximadamente 46 dos 184 con que conta), os comités alertan do impacto sobre o emprego indirecto, pois son moitas as empresas con sede na comunidade autónoma que traballan con Vodafone.

Amais dos paros do pasado mes, para febreiro hai convocada folga de 24 horas os días 11, 13, 18 e 20. Así mesmo, a representación do persoal está a manter reunións con institucións públicas e cos grupos parlamentarios para darlles conta da situación.

Os comités de empresa de Vodafone en Galicia rexeitan o ERE que afectaría ao 25 % do persoal

mércores 6 de febreiro de 2019

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • Xornada Diversidade e Igualdade
  • FSC-Estatal
    • Guía práctica incapacidade laboral e mutuas
    • Enlace ISTAS
  • Sedes e contactos dos Sindicatos Comarcais da FSC Galicia
  • Acceso convenios.
  • Banner Vigo Pesqueiro
    • Diverclick
    • Banner
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
    • Convenio colaboración
    • Libro PDF
  • GALICIA SINDICAL
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • Fixemos facemos faremos
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Queres ser delegado de CCOO.
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS